martes, 18 de diciembre de 2012

Portodemouros

Escribiamos recentemente neste blog unha entrada sobre os encoros. Pois ben, Alicia García envíanos un bonito texto cunhas preciosas fotografías sobre o embalse de Portodemoutros. Grazas, Alicia.

Moi preto de Arzúa, ao lado dunha aldea chamada Dombodán está situado o encoro de Portodemouros, un dos encoros máis coñecidos de toda Galicia. A obra foi feita no ano 1967 e o propietario é a empresa Unión FENOSA. Este encoro ten como finalidade obter hidroelectricidade.
Debido a esta construción, houbo un pobo que se viu afectado; del hoxe en día aínda quedan restos, como pasou tamén en Portomarín. Nas fotografías que vos mostro a continuación pódese observar as ruínas do pobo que tivo que ser abandoado a causa desta obra; quedou sumerxido baixo esta lagoa e só pode apreciarse cando o nivel da auga é mínimo.

 
©magagafoto

©magagafoto

©magagafoto

 ©magagafoto
Estas imaxes tamén reflicten un dos problemas naturais : as secas

©magagafoto

A escasos kilómetros do encoro de Portodemouros, na Ponte de San Xusto, atopámonos con outro problema: a construción de infraestructuras. Nesta imaxe vese claramente que as construcións de infraestructuras á beira do río pode causar inundacións, o que conleva o abandono doutra aldea que se ve anegada pola auga cando o caudal do río Ulla aumenta.

©magagafoto



domingo, 16 de diciembre de 2012

Máis sobre explotacións mineiras en Galicia


En marzo de 2011, a Televisión de Galicia informaba do proxecto de explotación dunha mina de ouro en Cocoesto (A Coruña). Hai poucos días, sabíamos que a empresa, unha multinacional canadiense, estaba xa apiques de recibir o visto bo da Xunta por comezar a explotar o recurso:
“La polémica mina de oro que una multinacional canadiense pretende explotar a cielo abierto en Corcoesto (Cabana de Bergantiños) superó ayer el trámite ambiental pese a las críticas recibidas por el proyecto desde los colectivos ecologistas. La Consellería de Medio Ambiente aprobó la declaración de impacto ambiental del yacimiento promovido por Edgewater, una empresa con sede en Vancouver, imponiéndole a la firma la obligación de separar la explotación un mínimo de 140 metros del espacio natural protegido del río Anllóns. Los grupos contrarios a la mina aseguran que este paraje se verá afectado por las filtraciones de cianuro sódico, una compuesto muy corrosivo que utilizará la empresa para extraer el oro de Corcoesto.
Medio Ambiente sostiene que los requisitos incluidos en la declaración de impacto ambiental aprobada servirán para “salvaguardar” los valores naturales del área del río Anllóns “de posibles afecciones”. En un informe remitido por la multinacional a la Xunta, Edgewater admite que en el ecosistema de la zona se producirán alteraciones en la red de drenaje de las aguas superficiales, se emitirá polvo durante el triturado de la roca y se destruirá el suelo que ocupará la escombrera de la mina. El proyecto continúa ahora los trámites para ser aprobado por la Xunta”.
Sonia Vozoso, “Vistobueno ambiental a la mina de oro de Corcoesto”, El País, 14 de decembro de 2012.

sábado, 15 de diciembre de 2012

O progreso


“Nadie que no haya visto en directo el dantesco espectáculo de un pueblo emergiendo de las aguas al cabo de los años, podrá saber jamás cuánta desolación esconden en su fondo los pantanos. Nadie que
ahí no tenga sus recuerdos, sus raíces ni su casa, será capaz de imaginar cuánto dolor quedó enterrado para siempre en esos cementerios que se pudren en silencio bajo el agua”. Son palabras de Cementerios bajo el agua, texto do escritor leonés Julio Llamazares, nado no pobo de Vegamián, afogado polo encoro de Porma.
Sabemos xa das posibilidades dos recursos que o medio natural ofrece ao ser humano. Un deses recursos é a auga, para cuxo aproveitamento se constrúen encoros (p. 123 do libro do texto). As súas consecuencias non son sempre positivas e, ás veces, teñen un forte impacto na vida das persoas. Disto fálanos a noticia “Memora dun pobo afogado”, Aceredo (Ourense), desaparecido baixo as augas do encoro de Lindoso. Exemplos desta situación hai moitos.
A construción do encoro de Castrelo de Miño nos anos sesenta do século XX provocou un movemento de oposición, en plena ditadura franquista:



Non moi lonxe de Arzúa está Portomarín, en pleno Camiño de Santiago. En épocas de seca, o embalse de Portomarín permite ver os restos do antigo pobo (A fotografía procede do blog http://joseloy1.com.es/2077/11/portomarin-3.html):
Unha breve reportaxe de TVE dannos conta do que pasou nesta vila de Lugo: Pueblos bajo las aguas.

domingo, 9 de diciembre de 2012

El bosque

 
Con motivo do Ano Internacional del Bosque, o programa El escarabajo verde, de TVE,emitiu en 2011 unha reportaxe dedicada aos bosques:
Partindo do suposto dito clásico de que hai dous mil anos unha ardilla podía atravesar a Península Ibérica saltando de árbore en árbore, “El bosque” repasa a situación dos bosques españois a partir de imaxes de arquivo de TVE. A peculariedade desta emisión é que non ten un locutor, senón que é a opinión do naturalista Félix Rodríguez de la Fuente, pioneiro do conservacionismo en España falecido en 1980, quen sirve de fío condutor do argumento do programa.
“El bosque” presenta en imaxes dos últimos cincoenta anos os perigos aos que están sometidas as masas forestais, perigos que sempre proceden do ser humano: as repoboacións que non respectan o patrimonio natural, os efectos do turismo descontrolado, o urbanismo, a construcción de infraestruturas e de encoros, os residuos, a chuvia áceda, os incendios… Todos eles son problemas que estudamos no tema 4 do libro de texto.
Fronte a esa relación de ameazas, “El bosque” propón, na voz de Félix Rodríguez de la Fuente, posibles solucións que pasan pola educación ambiental, o uso sostible dos bosques, etc.

sábado, 8 de diciembre de 2012

O río Limia

O Limia (Lima en portugués) é un río internacional nado na provincia de Ourense. Cunha lonxitude de 108 km. desemboca en Viana do Castelo (Portugal), no océano Atlántico. Dende hai anos, os ecoloxistas denuncian o calamitoso estado do Limia, debido aos verquidos.
As augas do Limia alimentan o encoro de As Conchas. Debido á enorme cantidade de nutrientes que achega o río, ese encoro está a sufrir un perigoso proceso de eutrofización.
Unha noticia recente alertaba de todos estes riscos:
“El Limia atraviesa una de sus peores crisis. A finales de noviembre, a su paso por Xinzo, su curso quedó seco y podía transitarse por el cauce. Además, la contaminación es alarmante y el mes pasado la propia Confederación Miño-Sil reconoció que el foco procedía de las abundantes granjas avícolas y de la agricultura intensiva. Según denunció ayer la Sociedade Galega de Historia Natural, el secado de este río y otros que irrigan A Limia no se debe a la falta de lluvia, sino a la “sobreexplotación del agua en la comarca, tanto por las instalaciones de regadío legales como por cientos de motores ilegales que nadie ve a plena luz”.
El embalse de As Conchas está infestado de cianobacterias tóxicas por la contaminación masiva del Limia. Ahora, la Confederación planea desbrozar las márgenes, y según la SGHN esto agravará el problema: Esa vegetación de ribera es “fundamental en la depuración de la contaminación agrícola”.
“Ecologistas alertan del estado límite del Limia”, El País, 7 de decembro de 2012.

Todos os conceptos utilizados nesta noticia (contaminación, confederación hidrográfica, sobreexplotación, embalses, vexetación de ribeira, depuración), están relacionados cos tema 3 e 4 do noso libro de texto.

Para máis información tamén podes visitar:

miércoles, 5 de diciembre de 2012

Nun incendio forestal

O vernes 30 de novembro, Raquel Pérez Fuentes contounos como viviu en primeira persoas un dos moitos incendios que asolaron o Barbanza en 2006.

martes, 4 de diciembre de 2012

Turismo

O turismo é unha das actividades de maior importancia para a economía española. O seu peso no PIB é fundamental e os postos de traballo que xera son milleiros. É obxeto de estudo no tema .
A nosa compañeira Rebeca presentounos a súa visión do turismo nunha presentación que fixo na clase o pasado luns 3 de decembro.


Unha mina en Pico Vello


Cerca do río Belelle, entre As Pontes de García Rodríguez a A Capela, existe o xacemento dun mineral pouco coñecido, a andalucita, importante para usos industriais. Unha empresa de capital británico e sudafricano pretende explotalo. Sobre o impacto ambiental desta iniciativa, nun territorio que está xunto ao Parque Natural da fraga do río Eume, trata o documental "Una mina en Pico Vello", do programa El escarabajo verde, emitido por La 2 de TVE a principios de 2011. Neste documental poderás refrescar conceptos estudados na materia de Xeografía: impacto ambiental, Rede Natura, biodiversidade, terciario, multinacional, conca hidrográfica, mina a ceo aberto, desagrarización, agricultura a tempo parcial, éxodo rural, enerxías alternativas...
Para visionar "Una mina en Pico Vello": http://www.rtve.es/television/20110216/escarabajo-verde-mina-pico-vello/408238.shtml

lunes, 3 de diciembre de 2012

Galicia é unha mina

  -->
Hai uns poucos días, vimos o programa Una mina enPicovello, no que se alertaba dos problemas medioambientais que a explotación dun mineral, a andalucita, podería provocar no Parque Natural das Fragas do Eume. Como lembrarás, a solicitude de explotación corre ao coidado dunha empresa transnacional, de capital sudafricano e británico.
Volve a saltar aos medios de comunicación un caso semellante, desta volta na provincia de Ourense. O mineral en cuestión é o tantalio, importante polas súas aplicacións na industria da informática e da electrónica. O caso presenta similitudes co da andalucita, pois tamén fala de impacto ambiental (trátase dos restos dunha antiga explotación mineira) e de empresas multinacionais (no caso do tantalio, de Canadá).
Pensa que, como podes ler na prensa, Galicia “es la primera potencia mundial en producción de pizarra y la cuarta en granito, pero elementos estratégicos como el litio, que da vida a las baterías de móviles, ordenadores o coches híbridos, y otros como el tantalio o las llamadas tierras raras, son un tesoro que abunda en las entrañas de Galicia y que se disponen a repartirse firmas, en su mayoría, de fuera de Europa”.
Esta cuestión é obxecto de estudo no tema 6 no noso libro de texto (pp. 209 e seguintes).
Recoméndoche que leas a información que aparece nos seguintes enlaces: