lunes, 18 de marzo de 2013

Fracking

Wikipedia define a fracturación hidráulica (coñecida polo seu nome en inglés: fracking) como unha técnica que permite “posibilitar o aumentar la extracción de gas y petróleo del subsuelo. El procedimiento consiste en la inyección a presión de algún material en el terreno, con el objetivo de ampliar las fracturas existentes en el sustrato rocoso que encierra el gas o el petróleo, y favoreciendo así su salida hacia el exterior. Habitualmente el material inyectado es agua con arena y productos químicos, aunque ocasionalmente se pueden emplear espumas o gases”. Aínda que se trata dunha técnica coñecida dende o século XIX, o seu uso masivo non se produce ata ben entrado o século XX.
Estamos ante unha técnica que provoca non pouca oposición en moitas comunidades, como en Cádiz. Se pinchas aquí poderás ver unha breve e sinxela explicación en imaxes das razóns contrarias ao fracking.

sábado, 9 de marzo de 2013

Charla sobre o sistema agrario na nosa comarca, por Sheila Sandá

Sheila escribiu unha crónica da charla que sobe o sistema agrario de Arzúa-Terra de Melide impartiron na nosa clase dous representantes do Sindicato Labrego Galego.
  -->
“O venres 1 de marzo tivemos unha interesante charla a cargo de dúas persoas pertencentes ao Sindicato Labrego Galego (SLG): Xulio e Diego.
Durante esta exposición primeiramente achegáronnos diferentes datos sobre o actual sistema agrario de toda a comarca e logo, na segunda parte, dende o punto de vista de Xulio, tratou de  analizar tanto os problemas actuais que acarrea o sector como unha visión a curto prazo do mesmo.
Durante a primera parte da charla coñecimos que a nosa comarca, na que se inclúen as localidades de Arzúa, Boimorto, Melide, Santiso, Sobrado, Toques e Touro, existen máis de 3500 explotacións gandeiras e 11 montes veciñais en man común, característica propia e única de Galicia.
Tamén coñecimos que predomina a superficie forestal e, segundo os datos do SLG, o 51% das explotacións gandeiras son de leite, seguido de 35% que pertence ao sector vacún-carne; o resto pertence a outros tipos. Cabe destacar a apicultura dentro dese 6% dado que a presenza de colmeas é frecuente na nosa contorna.
O tipo de gando predominante é o bovino, que representa as 3/4 partes do total, unhas 51.378 cabezas, seguido do porcino (1/4, unhas13.858 cabezas).
Na segunda parte da charla, Xulio ofreceunos o seu punto de vista sobre a evolución histórica das explotacións agrarias, dunhas décadas atrás ata o de agora. Anteriormente, caracterizábanse por seren explotacións familiares nas que predominaba unha economía de subsistencia e autoconsumo; tampouco existía un gran avance tecnolóxico nin o beneficio dos propietarios era excesivo.
A situación cambiou despois da entrada na Unión Europea, que para Xulio tivo moitos efectos negativos para o conxunto das explotacións galegas, o que repercute ata hoxe na nosa economía. As explotacións sufriron cambios relacionados coa imposición de límites na produción de leite e duns prezos nada favorecedores para os gandeiros. Isto supuxo que algúns agricultores tiveran que adaptar as súas explotacións ás normas europeas, o que conlevou gastos difícilmente custeables polas explotacións; moitas explotacións tiveron que pechar ou realizar unha reconversión, ben transformando a produción de leite en produción de carne, como foi o caso da maioría de explotacións.
Na actualidade, ao estar baixo as directrices da Unión Europea, os beneficios son menores e o único que salva a pequena ou mediana explotación son as axudas da PAC (Política Agraria Comunitaria), que esixen o cumprimento duns requisitos específicos.
A realidade actual para calquera persoa que ten unha explotación é a de tratar de cubrir gastos xa que o marxe de ganancias é tan ínfimo que só dá para sobrevivir. Por iso moitas persoas teñen un traballo a tempo parcial que se poida combinar co traballo das explotacións. Outro dos perigos que afectan a situación actual do mundo agrario é a inexistencia de relevo xeracional para os propietarios que se xubilban, o que augura un futuro incerto para as pequenas explotacións gandeiras.
Algunhas explotacións intentan realizar unha produción ecolóxica para racionalizar gastos e mellorar a calidade dos productos. Con isto compran menos produtos derivados do petróleo e consiguen mellores resultados. Na comarca existen cinco explotacións ecolóxicas de leite e unha de carne.
Por outra banda, os custes de produción dos labregos tamén se ven afectados polo problema da terra xa que non hai suficiente: destínase maioritariamente a usos de carácter forestal.
A charla rematou cunha rolda de preguntas".
Sheila Sandá Rico
2º Bacharelato B
 
Hai outras entradas neste blogue sobre o problema do leitee sobre o documental Vendo una vaca lechera. Tes máis fotos da charla na web no Instituto.