sábado, 15 de noviembre de 2014

Parques



Vimos a semana pasada o documental Unha mina en Pico Vello, no que, entre outras moitas cousas, se fala do Parque Natural das Fragas do Río Eume.
Os xornais do sábado 15 de novembro daban a noticia de que un dos parques nacionais, o de Serra Nevada, acaba de recibir un recoñecemento internacional pola conservación do fráxil ecosistema de montaña e o rico patrimonio cultural en equilibrio coas actividades turísticas.
Estamos a falar de biodiversidade e de protección ambiental. Existen distintas figuras legais para defender o medio ambiente. Entre elas están os parques nacionais, as reservas naturais, as áreas mariñas protexidas, os monumentos naturais e as paisaxes protexidas.
A diferencia entre parque nacional e parque natural está, principalmente na xestión. Os parques nacionais están definidos pola lexislación estatal como “áreas naturales, poco transformadas por la explotación u ocupación humana que, en razón a la belleza de sus paisajes, la representatividad de sus ecosistemas o la singularidad de su flora, de su fauna o de sus formaciones geomorfológicas, poseen unos valores ecológicos, estéticos, educativos y científicos cuya conservación merece una atención preferente”. Aínda que os parques nacionais sexan de titularidade pública, a súa xestión está sendo transferida ás comunidades autónomas. Existe unha Rede de Parques Nacionales.

Fronte ao que pasa cos parques nacionais, non existe ningún organismo que defina as características dos parques naturais, porque dependen das comunidades autónomas.
Ademais, e por iniciativa da UNESCO, existen as “reservas da biosfera”, escosistemas terrestres e marinos que son protexidos pola súa importante biodiversidade. A nivel europea falamos da Red Natura 2000.
Sobre a Red Natura en Galicia:
De todo isto atoparás información máis detallada nas páxinas 139 e ss. do teu libro de texto.

martes, 4 de noviembre de 2014



Coincidindo co estudo do tema sobre a diversidade hídrica, o magnífico programa El escarabajo verde, de TVE, emitiu o pasado 1 de outubro un documental sobre o río Texo: El eje del Tajo.
Paga a pena dedicarlle media hora a visionar este programa no que se fala da morte do río máis longo da Península Ibérica, que atravesa varias comunidades autónoma e dous países, que daba vida a unha cidade como Toledo, que é protagonista da novela (e do filme) El río que nos lleva, de José Luis Sampedro, etc.
Neste vídeo escoitarás conceptos que tes que coñecer: transvase Texo-Segura, caudal ecolóxico, conca, tramo alto, tramo medio, tramo baixo, caudal ecolóxico, parque rexional, especies alóctonas, bosque de ribera, etc.
Espero que o disfrutres.