miércoles, 10 de diciembre de 2014

Auga, dereito humano



Con motivo do visionado do documental Flow, por amor á auga, xurde a idea de que a auga e o saneamento foron recoñecidos por Nacións Unidas en 2010 como un dereito humano. Ademais, un dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, establecidos pola ONU para o período 2000-2015, pretende “Reducir á mitade, para 2015, a proporción de persoas sen acceso sustentable á potable e a servizos básicos de saneamento” http://www.un.org/es/millenniumgoals/environ.shtml
Co argumento da falta de recursos económicos, nos últimos anos prodúcese en todo o mundo unha onda de privatizacións das augas, que se conforman como un nicho de importantes negocios. Fronte a esta idea, na Unión Europea lanzouse unha  Iniciativa Cidadá Europea: “El derecho al agua y el saneamiento como derecho humano" (right to water), que defende a seguinte posición:
“El agua es un recurso natural limitado ylos servicios de agua, servicios esenciales para la comunidad. El agua, como bien público no comercial, necesita protección y debe mantenerse cerrada a la competencia. En materia de política del agua debe prevalecer el derecho humano sobre la competencia y la consecución del mercado interior. Los gobiernos tienen la obligación de proporcionar servicios de agua. Ésta es también la conclusión de la ONU, tras varios años de discusión. La implementación de los derechos no corresponde a las fuerzas del mercado, sino a los Estados”.
No que se refire ao negocio da auga embotellada en España, pódese visitar a web da Asociación Nacional de Empresas de Agua de Bebida Embotellada.
Unha visión crítica sobre o negocio da auga embotellada: “El agua embotellada, el gran negocio”, nuevatribuna.es, 18.01.2011

lunes, 8 de diciembre de 2014

Problemas medioambientais


O inicio do tema relacionado cos problemas medioambientais, dos que xa algo falamos ao longo do curso, coincidiu coa cumbre sobre o clima que se está a celebrar en Lima (Perú). Os países alí reunidos intentan actualizar o Protocolo de Kioto, asinado en 1994.
Pero non hai que ir tan lonxe para atopar agresións medioambientais. Non é infrecuente atopar lixo nos nosos bosques. A foto corresponde a un do concello no que está o noso instituto.


Nas últimas semanas, a prensa fíxose eco dalgunhas agresións contra o bosque en Galicia. Sempre hai intereses económicos polo medio. Nun caso, trátase de talas indiscrimanadas no concello de Lalín; noutro, no concello de Sarria. O progreso entendido dunha determinada forma non se leva ben co respecto aos valores medioambientais
Con este motivo, visionamos o programa El bosque, de El escarabajo verde, episodio relacionado con Ano Internacional dos Bosques, que foi en 2011. O programa, baseado en imaxes de arquivo, utiliza conceptos como deforestación, bioinvasión, desenvolvemento sustentable, permacultura... O impacto do ser humano sobre o bosque é unha constante do programa; impronta antrópica en demasiadas ocasións nada respectuosa coa vida natural: incendios, construcción de encoros, lixo, vertedoiros... Xurde, entre outros conceptos, o da permacultura, o “deseño consciente e mantemento de ecosistemas agrícolas produtivos, que manteñen a diversidade, estabilidade e resistencia dos ecosistemas naturais. É integración harmónica da paisaxe e a xente producindo comida, enerxía, cobixo ye outras necesidades materiais e non materiais dunha maneira sustentable” (Bill Mollison, Permaculture A Designers' Manual, 1998).

 Sen dúbida, a figura de Félix Rodríguez de la Fuente serve de guía para a narración deste programa. Adiantado á súa época, Rodríguez de la Fuente fala do bosque como un ecosistema "desordenadamente ordenado" fronte ás repoboacións "que non son bosques". Toda unha declaración de principios.