jueves, 22 de octubre de 2015

Falamos de mapas?


El Roto é un comentarista gráfico cuxo nome é Andrés Rábago. Utilizamos algunha das suas viñetas na materia de Historia do Mundo Contemporáneo, en 1º de Bacharelato. Podes atopalas na web De hoxe.Historia do Mundo Contemporáneo.
Este debuxo fala de mapas pero non fala de mapas. Que nos pode estar dicindo? Podémolo relacionar cos Obxectivos do Milenio?

lunes, 12 de octubre de 2015

Tremores de terra en Galicia

Estudamos o concepto de "tectónica de placas". E con este concepto están relacionados os tremores de terra que, nosúltimos días, rexistrou o Instituto Geográfico Nacional. Foron, iso si, dun nivel baixo na escala de Richter. A zona do sur de Ourense e o Leste e Norte de Lugo son as de maior risco sísmico da nosa comunidade, aínda que cunha perigosidade moi inferior á das provincias de Almería, Murcia, Alicante e Granada. A sismicidade destas provincias débese á proximidade da placa euroasiática á africana.

Se queres máis información, preme na ligazón do Instituto Geográfico Nacional, organismo oficial encargado do estudo da sismicidade en España.

sábado, 3 de octubre de 2015

DANA

O 29 de setembro, a Agencia Estatal de Metereológía emitía o seguinte parte:
"Estamos inmersos en un episodio de inestabilidad atmosférica característico del otoño en el área mediterránea. El enfriamiento y la formación de depresiones aisladas en los niveles medios y altos de la atmósfera, junto con los flujos dominantes de componente este en los niveles bajos, que aportan aire con mucha humedad, son los elementos determinantes para que se desencadene esa inestabilidad."

O fenómeno metereolóxico ao que se estaba a referir era unha Depresión Aillada nos Niveis Altos (DANA). No Tema 2 do teu libro de texto tes varias situacións metereolóxicas que se dan na Península Ibérica ao longo do ano, representadas tanto en superficie como en altura. Unha desas situacións é, precisamente, unha DANA, que se produce con certa frecuencia no Levante español, a finais do verán ou principios do outono. Aínda que non é exactamente o mesmo, é un fenómeno que, ás veces, se relaciona coa "gota fría". Normalmente, a DANA provoca chuvias torrenciais, nunha zona na que as precipitacións anuais son escasas.