domingo, 31 de enero de 2016

“Construción dunha época feminista: Sufraxistas” por Gloria Martínez Pazos (2º Bacharelato B)


O venres  22 de xaneiro estivemos na sala Numax, en Santiago, vendo o filme de Sufraxistas en versión orixinal (e subtitulada), dirixida por Sarah Gavron. As protagonistas deste filme son os actores e as actrices: Carey Mulligan, Helena Bonham Carter, Meryl Streep, Anne-Marie Duff, Brendan Gleeson, Ben Whishaw, Romola Garai, Samuel West, Geoff Bell, Natalie Press, Lee Nicholas Harris, Richard Banks, Adrian Schiller, Judit Novotnik, Morgan Watkin.
O fío argumental que sigue é o seguinte; o movemento sufraxista naceu en Inglaterra ao redor da Primeira Guerra Mundial (1914-1918). A maioría das mulleres que formaban parte del non procedían das clases altas, senón que eran traballadoras que vían como imposible que se lles oíra mediante protestas pacíficas. Desta maneira radicalizáronse e, na súa loita incansable, loitaron por acadar a igualdade, e puxeron en risco todo o que tiñan: o traballo, a súa casa, os seus fillos e incluso as súas vidas. Concretamente hai unha protagonista principal, Maud (Carey Mulligan), na que vemos como a súa vida comeza a dar un xiro. Pois pese a nunca reivindicarse, a súa situación cambia por completo.
Ao saír do cine, dinme conta de que tiña un pensamento distinto. Xa sabía, por todo o que estudamos dende pequenos, que ás mulleres custáralles moito chegar a lograr todo o que hoxe en día temos. Mesmo salario cos homes, mesmo trato, oportunidades igualitarias, dereito ao voto... Pero a verdade é que non chegaba a alcanzar a loita tan extrema que desenvolveron esas mulleres das que, hoxe en día, debemos estar todos moi orgullosos.
Impactoume sobre todo polo feito de que nunca antes se fixera unha película deste tipo sobre o este tema. Probablemente por ser un tema delicado, cun montón de prexuízos sociais, etc., mais ao xa existir, queda demostrado que todo o sucedido forma parte da nosa historia e que tamén é digno de contar e de transmitir ao público para darnos conta de que son feitos memorables.
Foi un filme que me fixo reflexionar e co que pensei verdadeiramente moitas cousas. Canto tiveron que sufrir porque, aínda que se trate dun filme, está claro que todas esas situacións foron reais na maioría das mulleres así como impactantes. A escea da sufraxista que entregou a súa vida na carreira de cabalos é moi dura. Seguramente fun capaz de poñerme no papel porque é un feito real, pois no 1913 a sufraxista Emily Wilding Davison reivindicou o dereito ao voto desa maneira, como amosa a película.
Deste filme saíron milleiros de críticas, para ben e para mal mais hai unha que me chamou especialmente a atención: un artigo de opinión da xornalista e escritora Rosa Montero. Nel fixo unha valoración curta pero contundente de todos os temas a tratar en Sufraxistas. A tese princial foi a seguinte: “La película Sufragistas muestra la heroicidad callada de muchas luchadoras que lo dieron todo por la libertad de la mujer”. Unha tese que marca verdadeiramente todo o seu artigo, un artigo interesante e persoal no que agradece a todas esas mulleres que naquel momento fixeron tantas cousas que valeron para moito no noso día de hoxe.

En definitiva, foi unha película moi interesante que pertence á nosa propia historia e que amosa realmente a cruda realidade. Pese a ter escenas moi impactantes e que fan que sufras igual cas protagonistas, un chega a poñerse no propio papel mirando cara o lado positivo, todo o que conseguiron facendo fronte aos difíciles problemas que lles xurdían naquel momento.

O impacto medioambiental das actividades do sector primario: Ence e a acuicultura en Galicia


Esta semana vimos na clase unha noticia relacionada coa factoría que a empresa ENCE ten na Ría de Pontevedra. A empresa de fabricación de pasta de papel foi inaugurada en 1963 polo ditador Franco, era daquela unha empresa pública dentro do Instituto Nacional de Industria (INI). Agora ven de recibir permiso para permanecer na Ría de Pontevedradurante 60 anos máis, nunha polémica decisión que provoca contestación dunha parte importante da poboación.
Pensa que esta noticia está relacionada co tema que estamos a estudar: o espazo rural, o sector primario, a silvicultura… Pero non se trata dunha noticia exclusivamente económica porque a contestación social á permanencia de Ence no seu actual emprazamento tamén ten que ver coa política medioambiental, coas políticas de emprego, etc. Trátase dun conflito que ven de lonxe e que, probablemente, seguirá activo durante non poucos anos.
Outra noticia relacionado coas actividades do sector primario reflicte tamén conflito social. Trátase da Lei de acuicultura proposta polo goberno galego, contestado dende sectorespolíticos e sociais por considerar que atenta contra a economía galega e polas súas consecuencias medioambientais.
Sobre este tema, neste blog podes ver un programa de El escarabajo verde dedicado á acuicultura en Galicia: “Las espinas del salmón”.