O inicio do tema relacionado cos problemas medioambientais, dos que xa algo falamos ao longo do curso, coincidiu coa cumbre sobre o clima que se está a celebrar en Lima (Perú). Os países alí reunidos intentan actualizar o Protocolo de Kioto, asinado en 1994.
Pero non hai que ir tan lonxe para atopar agresións medioambientais. Non é infrecuente atopar lixo nos nosos bosques. A foto corresponde a un do concello no que está o noso instituto.
Nas últimas semanas,
a prensa fíxose eco dalgunhas agresións contra o bosque en Galicia. Sempre hai
intereses económicos polo medio. Nun caso, trátase de talas indiscrimanadas no concello de Lalín; noutro, no
concello de Sarria. O progreso
entendido dunha determinada forma non se leva ben co respecto aos valores
medioambientais
Con este motivo, visionamos o programa El bosque, de El escarabajo verde, episodio relacionado con Ano Internacional dos Bosques, que foi en 2011. O programa, baseado en imaxes de arquivo, utiliza conceptos como deforestación, bioinvasión, desenvolvemento sustentable, permacultura... O impacto do ser humano sobre o bosque é unha constante do programa; impronta antrópica en demasiadas ocasións nada respectuosa coa vida natural: incendios, construcción de encoros, lixo, vertedoiros... Xurde, entre outros conceptos, o da permacultura, o “deseño consciente e mantemento de ecosistemas agrícolas produtivos, que manteñen a diversidade, estabilidade e resistencia dos ecosistemas naturais. É integración harmónica da paisaxe e a xente producindo comida, enerxía,
cobixo ye outras necesidades materiais e non materiais dunha maneira sustentable” (Bill Mollison, Permaculture A Designers'
Manual, 1998).