Mostrando entradas con la etiqueta Madrid. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Madrid. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de marzo de 2016

Fascismo

Se queres saber que é o fascismo, le esta terrible noticia e, sobre todo, mira o vídeo de como tratan uns europeos a unhas persoas na Praza Maior de Madrid:
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/03/16/madrid/1458155611_749821.html

sábado, 7 de febrero de 2015

Polución, por Luzía Pardo Abuín


O venres 9 de xaneiro de 2015, o Departamento de Territorio e Sustentabilidade da Generalitat de Catalunya activou o protocolo de contaminación atmosférica por razóns medioambientais durante toda a fin de semana en corenta municipios da área metropolitana de Barcelona. Esta medida medioambiental foi tomada debido á persistencia dun anticiclón que dificulta a dispersión dos óxidos de nitróxeno na atmosfera.
O máximo responsable da contaminación no aire é o uso do vehículo privado, por iso, o Goberno catalán recomendou realizar unicamente os desprazamentos necesarios e utilizar o transporte público.  Ademais das recomendacións para tentar reducir o tráfico, o Goberno catalán limitou a 90 kilómetros por hora a velocidade máxima nas vías rápidas da área metropolitana.
A Generalitat aínda non aprobou medidas para restrinxir o volume de coches por km2 que circulan por Barcelona, pero o novo plan para a mellora da calidade do aire, aprobado en setembro de 2014, contempla incentivos para fomentar o uso do transporte público.
A Generalitat tamén deu unha serie de recomendacións de "autoprotección" para a cidadanía para evitar os efectos da contaminación: estar o mínimo tempo ao aire libre, non realizar actividades físicas en espazos ao aire libre, etc.
Pola contra, a oposición a CiU (Convergència i Unió), partido gobernante, así como grupos ecoloxistas, cargaron contra o protocolo de contaminación. Dende ICV (Iniciativa per Catalunya Verds) pediron que o transporte público sexa gratuito nos días de polución. Mentres que Ecoloxistas en Acción acusaron ao protocolo de "operación de maquillaxe" para eludir a súa responsabilidade polo incumprimento dos límites de contaminación fixados pola Unión Europea.
Fotografúia da cidade de Barcelona

Tamén, o pasado xoves 5 de febreiro, puidemos observar como outras cidades españolas, como Madrid, endureceron as restricións de tráfico en días de alta contaminación.
O Concello de Madrid, gobernado polo Partido Popular, anunciou que entrará en vigor o protocolo para episodios de alta contaminación o 1 de marzo. Con este protocolo, as medidas a tomar serían: o primeiro día con situación de preaviso non se tomará ningunha medida. O segundo día con preaviso ou o primeiro con aviso, informarase á cidadanía, con recomendacións para a saúde (non realizar actividades físicas ao aire libre), e se limitará a velocidade na M-30 e nas autovías de aceso a 70 km/h como máximo. O terceiro día con preaviso ou o segundo con aviso, prohibirase ademais estacionar dentro da área regulada con parquímetros aos coches que non sexan dos veciños do barrio. O terceiro día de aviso, restrinxirase a circulación pola améndoa central á metade de vehículos (segundo se a matrícula é par ou impar) e aos taxis baleiros. Ademais, en caso de alerta, esta prohibición extenderase á M-30.
Como conclusión, estas medidas son acertadas, xa que este tipo de campás de contaminación urbana, formadas no inverno e con situación anticiclónica, provocan enfermedades respiratorias e cardiacas nas persoas. 
Fotogafía da cidade de Madrid








martes, 4 de diciembre de 2012

Turismo

O turismo é unha das actividades de maior importancia para a economía española. O seu peso no PIB é fundamental e os postos de traballo que xera son milleiros. É obxeto de estudo no tema .
A nosa compañeira Rebeca presentounos a súa visión do turismo nunha presentación que fixo na clase o pasado luns 3 de decembro.