O derradeiro tema do noso programa, España no mundo, inclúe un concepto que aparece estes días na prensa: os Obxectivos do Milenio (ODM).
Fixados
en 2000 pola Organización das Nacións Unidas (ONU), os ODM son oito metas de desenvolvemento humano que os 192 países membros
da Nacións Unidas acordaron acadar en 2015: erradicar a pobreza
extrema e a fame; acadar o ensino primario universal; reducir a mortalidade
infantil; mellorar a saúde materna; combatir o VIH/SIDA, o paludismo e outras
enfermidades; garantir a sustenibilidade do medio ambiente; fomentar o
asociacionismo mundial para o desenvolvemento.
Estamos en 2015 e chega o tempo de revisar o nivel de cumprimento deste acordo. Nos últimos días, a ONU celebra a súa asamblea xeral anual. A súa análise dos ODM é relativamente optimista porque, se ben é certo que se produciron avances na reducción da extrema pobreza, na matriculación no ensino primario ou na loita contra a SIDA, tamén é certo que na loita contra a mortalidade infantil ou na mellora da saúde materna queda un longo treito por percorrer.
Agora, os ODM transformaranse en Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable), o que sitúa o horizonte de desenvolvemento humano nunha meta máis ambiciosa, na procura dun crecemento económico que sexa sustentable, é dicir, que respecte o medio ambiente. Por certo, un dos escándalos económicos da última semana, o da empresa de automóbiles Wolkswagen, está relacionado, precisamente, con este problema.
Nesta mesma páxina podes ler outras entradas sobre os ODM.
Nesta mesma páxina podes ler outras entradas sobre os ODM.