Mostrando entradas con la etiqueta Cataluña. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cataluña. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de septiembre de 2014

Referendo en Cataluña

Segundo o artigo 137 da Constitución española de 1978, o Estado español se organiza territorialmente en municipios, provincias e Comunidades Autónomas. Unha delas é a Cataluña.
O presidente da Generalitat, Artur Mas, asinou o pasado sábado 27 de setembro, o decreto de convocatoria da consulta de autodeterminación de Cataluña. O referendo para coñecer a opinión da cidadanía catalá sobre o seu futuro político e a súa relación con España terá lugar o próximo 9 de novembro. A sinatura do decreto realizouse en presenza dos representantes dos grupos políticos que apoian este proceso.
O presidente da Generalitat no seu discurso salientou que “existe unha maioría social e consenso político, que recoñece a Cataluña como nación e unidade política na diversidade ideolóxica, que serviu para pactar a data, pregunta e os marcos legais necesarios”.
A convocatoria do referendo faise de acordo coa lei de consultas aprobada polo parlamento catalán.
Está previsto que en breve o goberno central impugne esta consulta no Tribunal Constitucional, facendo así que sexa anulada, amparándose no título preliminar da constitución, no que se recolle que a soberanía nacional reside no pobo español.
Se o executivo de Artur Mas levase todo este proceso ata o final, o goberno español, de acordo co artigo 155 do título VIII (organización territorial do Estado), podería adoptar as medidas necesarias para obrigar a Cataluña ao cumprimento forzoso das leis vixentes en todo o Estado, e facer cumprir as obrigas que a Constitución ou outras leis impoñan. Incluso, isto podería levar á suspensión da autonomía catalá.
Luzía Pardo Abuín
Fonte: elpais.com  (27.09.2014)


sábado, 16 de febrero de 2013

Reparto da terra e axudas económicas, por Daniel Regueiro


No último tema que estudamos en Xeografía trababamos sobre o sector agrario e a política que incide nel. Vimos vídeos sobre a PAC, da súa mala xestión, beneficiarios e prexudicados.
O enlace que vos deixo é un programa de Salvados do ano 2011, cuxos temas a considerar seguen vixentes na actualidade. Unha vez máis, Jordi Évole sementa a discusión. “Cosechando subvenciones” é o título dun programa moi completo que nos aporta moito para entender esta parte da Xeografía.
Os tema que fía todas as entrevistas son as axudas do PER e o subsidio agrario xunto coas xa coñecidas da PAC. As dúas primeiras van destinadas a xornaleiros andaluces e estremeños. Estas constan dunha miseria económica (400 euros) en comparación cos receptores das da PAC (3 millóns de euros): estade atentos á comparación que se fai delas, e ás visións que se mostran. Os partidarios das axudas aos xornaleiros defenden que serven para salvar da pobreza, dentro do posible, a quen as recibe. Pola contra, os detractores afirman que son unha áncora retrógrada que obstaculiza o desenvolvemento económico.
Así pois estas son as ideas que emerxen do fondo:
Estereotipos: Cataluña e Andalucía enfrontadas e recriminándose “que uns viven mellor ca os outros”. Apreciamos aquí unha loita de Norte contra Sur, Industria contra Campo e por extensión Capitalismo contra Comunismo. 
Xuventude: nunha visión pesimista, podemos comprobar a falta de expectativas de progreso e superación dun mozo de 18 anos que representa a unha parte da xuventude andaluza.
Cuestión de idiosincrasias: marcados pola perspectiva histórica, apreciamos dúas correntes ideolóxicas moi diferentes: a esquerda e a dereita. Neste aspecto entendese porque en Andalucía sempre trunfa o socialismo e no norte o liberalismo.
Loita de clases: na que os “pobres” consideran que os “ricos” lles botan as culpas, mentres eles quedan de inocentes”. Nesta cuestión enmarcamos unha idea que soa moi utópica, pero que fará reflexionar: o reparto da terra.
Política: unha vez máis a xestión política faise neglixente por culpa dos “catro anos”. Isto provoca que as medidas tomadas se realicen baixo a visión a curto prazo, sen sandar os problemas estruturais que España leva carrexando dende hai anos.
Finalmente non deixedes de botar ollo ás paisaxes, ás cancións que soan de fondo e sobre todo á conclusión final de Cayetano de Alba, que non deixará a ninguén indiferente.
E para rematar, incítovos a pensar. Estades de acordo coas axudas aos xornaleiros? Credes que os terratenentes deben recibir axudas da PAC? Que sistema sería máis eficiente: deixar a terra en mans privadas ou como posesión pública? Credes que este programa representa as xeneralidades aparentes ou reflicte unha realidade certa? Esta situación é sostible no tempo?
Engado algunhas citas das entrevistas:
“No somos de la extrema izquierda, somos de la extrema necesidad”.
“Somos la despensa de España”.
“Tenemos un país muy envidioso”.
“No nos hemos podido arruinar porque nunca fuimos ricos” (Cayetano de Alba)