Mostrando entradas con la etiqueta Referendo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Referendo. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de octubre de 2014

Repsol en Canarias


O presidente do Goberno de Canarias, Paulino Rivera, confirmou a posibilidade de que na costa das illas se realizase unha explotación petrolífera. O proxecto de realizar actividades deste tipo na costa canaria xa se plantexara antes, pero grazas a un decreto do Goberno Español, confírmase a posibilidade de que as actividades de extracción de pétroleo podrían comezar proximamente.
O pobo canario mobilizouse ao ser coñecedor da nova, convocando varias manifestacións en contra das prospeccións petrolíferas. Xuntaronse máis de 200.000 sinaturas en contra do negocio do petróleo, que si ben é certo que daría un impulso económico á comunidade canaria, tamén o é que danaría toda a biodiversidade mariña. A campaña contra o petróleo tamén é apoiada por varios grupos ecoloxistas, por exemplo Ecoloxistas en Acción.
Tras tanto movemento en contra do negocio do pétroleo, o presidente de Canarias anunciou unha convocatoria para o 23 de novembro, dunha consulta a cidadanía sobre as prospeccións petrolíferas. "¿Cree usted que Canarias debe cambiar su modelo medioambiental y turístico por las prospecciones de gas o petróleo?" é a pregunta que se lle quere plantexar o pobo canario.
 Para finalizar, gustariame reflexionar sobre que nós parece a cada un de nós, si é mellor un puñado de cartos ou expoñerse a danar gravemente o ecosistema mariño e arriscarse a posibilidade de que se vertan residuos. Non só quero recordar os evidentes problemas que supón esta actividade para o medio ambiente, senón tamén quero denunciar o apoio aos combustibles fósiles (petróleo) no lugar de fomentar as enerxías renovables.
Alejandro Arufe



domingo, 28 de septiembre de 2014

Referendo en Cataluña

Segundo o artigo 137 da Constitución española de 1978, o Estado español se organiza territorialmente en municipios, provincias e Comunidades Autónomas. Unha delas é a Cataluña.
O presidente da Generalitat, Artur Mas, asinou o pasado sábado 27 de setembro, o decreto de convocatoria da consulta de autodeterminación de Cataluña. O referendo para coñecer a opinión da cidadanía catalá sobre o seu futuro político e a súa relación con España terá lugar o próximo 9 de novembro. A sinatura do decreto realizouse en presenza dos representantes dos grupos políticos que apoian este proceso.
O presidente da Generalitat no seu discurso salientou que “existe unha maioría social e consenso político, que recoñece a Cataluña como nación e unidade política na diversidade ideolóxica, que serviu para pactar a data, pregunta e os marcos legais necesarios”.
A convocatoria do referendo faise de acordo coa lei de consultas aprobada polo parlamento catalán.
Está previsto que en breve o goberno central impugne esta consulta no Tribunal Constitucional, facendo así que sexa anulada, amparándose no título preliminar da constitución, no que se recolle que a soberanía nacional reside no pobo español.
Se o executivo de Artur Mas levase todo este proceso ata o final, o goberno español, de acordo co artigo 155 do título VIII (organización territorial do Estado), podería adoptar as medidas necesarias para obrigar a Cataluña ao cumprimento forzoso das leis vixentes en todo o Estado, e facer cumprir as obrigas que a Constitución ou outras leis impoñan. Incluso, isto podería levar á suspensión da autonomía catalá.
Luzía Pardo Abuín
Fonte: elpais.com  (27.09.2014)