O primeiro deles, de 2006, chámase La cosecha del subsidio (1, 2, 3), emitido dentro do programa Línea 900, de TVE. La cosecha del subsidio fala dos problemas que presenta a política de axudas á agricultura europea pois en determinados momentos son captadas polas grandes explotacións, que non son sempre as máis produtivas. Latifundistas absentistas, pequenos produtores, organizacións sindicais, as grandes corporacións agroalimentarias pasean por este documental, que tamén nos ofrece a visión dunha poboación rural que en demasiadas ocasións se ve forzada a emigrar, co conseguinte proceso de desagrarización da nosa sociedade.
Si te dicen que comí, de El escarabajo verde (TVE) foi emitido en 2011. É un documental sobre a seguridade alimentaria na Unión Europea. Ideas como "toxicidade", "compostos orgánicos persistentes", "trazabilidade", "cadena alimenticia", "modelo industrial alimentario", AESAN son utilidas en Si te dicen que comí.

En todos os documentais que sobre o tema agrario levamos comentados, hai elementos comúns e diferencias. Intenta localizar cales son.
No hay comentarios:
Publicar un comentario