-->
“O venres 1 de
marzo tivemos unha interesante charla a cargo de dúas persoas pertencentes ao
Sindicato Labrego Galego (SLG): Xulio e Diego.
Durante esta
exposición primeiramente achegáronnos diferentes datos sobre o actual sistema
agrario de toda a comarca e logo, na segunda parte, dende o punto de vista de
Xulio, tratou de analizar tanto os
problemas actuais que acarrea o sector como unha visión a curto prazo do mesmo.
Durante a
primera parte da charla coñecimos que a nosa comarca, na que se inclúen as
localidades de Arzúa, Boimorto, Melide, Santiso, Sobrado, Toques e Touro,
existen máis de 3500 explotacións gandeiras e 11 montes veciñais en man común,
característica propia e única de Galicia.
Tamén coñecimos
que predomina a superficie forestal e, segundo os datos do SLG, o 51% das
explotacións gandeiras son de leite, seguido de 35% que pertence ao sector
vacún-carne; o resto pertence a outros tipos. Cabe destacar a apicultura dentro
dese 6% dado que a presenza de colmeas é frecuente na nosa contorna.
O tipo de
gando predominante é o bovino, que representa as 3/4 partes do total, unhas
51.378 cabezas, seguido do porcino (1/4, unhas13.858 cabezas).
Na segunda
parte da charla, Xulio ofreceunos o seu punto de vista sobre a evolución
histórica das explotacións agrarias, dunhas décadas atrás ata o de agora.
Anteriormente, caracterizábanse por seren explotacións familiares nas que
predominaba unha economía de subsistencia e autoconsumo; tampouco existía un
gran avance tecnolóxico nin o beneficio dos propietarios era excesivo.
A situación
cambiou despois da entrada na Unión Europea, que para Xulio tivo moitos efectos
negativos para o conxunto das explotacións galegas, o que repercute ata hoxe na
nosa economía. As explotacións sufriron cambios relacionados coa imposición de
límites na produción de leite e duns prezos nada favorecedores para os
gandeiros. Isto supuxo que algúns agricultores tiveran que adaptar as súas
explotacións ás normas europeas, o que conlevou gastos difícilmente custeables
polas explotacións; moitas explotacións tiveron que pechar ou realizar unha
reconversión, ben transformando a produción de leite en produción de carne,
como foi o caso da maioría de explotacións.
Na
actualidade, ao estar baixo as directrices da Unión Europea, os beneficios son
menores e o único que salva a pequena ou mediana explotación son as axudas da
PAC (Política Agraria Comunitaria), que esixen o cumprimento duns requisitos
específicos.
A realidade
actual para calquera persoa que ten unha explotación é a de tratar de cubrir
gastos xa que o marxe de ganancias é tan ínfimo que só dá para sobrevivir. Por
iso moitas persoas teñen un traballo a tempo parcial que se poida combinar co
traballo das explotacións. Outro dos perigos que afectan a situación actual do
mundo agrario é a inexistencia de relevo xeracional para os propietarios que se
xubilban, o que augura un futuro incerto para as pequenas explotacións
gandeiras.
Algunhas
explotacións intentan realizar unha produción ecolóxica para racionalizar
gastos e mellorar a calidade dos productos. Con isto compran menos produtos
derivados do petróleo e consiguen mellores resultados. Na comarca existen cinco
explotacións ecolóxicas de leite e unha de carne.
Por outra
banda, os custes de produción dos labregos tamén se ven afectados polo problema
da terra xa que non hai suficiente: destínase maioritariamente a usos de
carácter forestal.
A charla
rematou cunha rolda de preguntas".
Sheila Sandá
Rico
2º Bacharelato
B
Hai outras entradas neste blogue sobre o problema do leitee sobre o documental Vendo una vaca lechera. Tes máis fotos da charla na web no Instituto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario