Benvida, benvido á materia de Xeografía
correspondente ao curso 2014/2015.
Este blogue comezou a camiñar hai xa uns
anos, co alumnado do IES de Arzúa. Quizais sexa do teu interese o que fixeron
as alumnas e os alumnos que te precederon.
Espero que sexa do teu interese a
información que empezará a aparecer aquí a partir de agora. É un blog feito
para ti; espero que tamén estea feito por ti porque está aberto a túa
colaboración.
Casualmente, a derradeira entrada do blog
no 2012/2013 (ao ano seguinte non estivo activo) está relacionada co tema co
que inauguramos o novo curso. A semana pasada tivo lugar un referendo en
Escocia no que a cidadania do país decidiu permanecer dentro do Reino Unido. En
Cataluña preséntase, dende hai xa moitos anos, un problema semellante pois a
Generalitat pretende convocar unha consulta para que a cidadanía decida se
quere ou non pertencer a España.
Que ten que ver esta cuestión co temario
de Xeografía? Pois ten que ver. Estudaremos xa co curso avanzado un tema
dedicado á organización político-administrativa de España e outro relacionado
coa Unión Europea. Ideas como soberanía, centralismo, autonomía, federalismo…
planean sobre o referendo escocés e sobre a cuestión catalana.
E para rematar esta primeira entrada unha
canción: En 1990 a banda británica The Waterboys publicou o seu quinto disco, Room to roam, que incluía o tema
“Isleman”.
Esta é a súa letra:
Of
my body England is the spine
The backbone and the trunk
My shoulders span the mighty Tyne
London sprawls across my rump
Cornwall my crooked ancient leg
Wales two hands held apart
Scotland is my dreaming head
Ireland is my heart
The backbone and the trunk
My shoulders span the mighty Tyne
London sprawls across my rump
Cornwall my crooked ancient leg
Wales two hands held apart
Scotland is my dreaming head
Ireland is my heart
Que cres que transmite respecto á
existencia de Gran Bretaña?
No hay comentarios:
Publicar un comentario