O venres 9
de xaneiro de 2015, o Departamento de Territorio e Sustentabilidade da
Generalitat de Catalunya activou o protocolo de contaminación atmosférica por
razóns medioambientais durante toda a fin de semana en corenta municipios da
área metropolitana de Barcelona. Esta medida medioambiental foi tomada debido á
persistencia dun anticiclón que dificulta a dispersión dos óxidos de nitróxeno
na atmosfera.
O máximo
responsable da contaminación no aire é o uso do vehículo privado, por iso, o Goberno
catalán recomendou realizar unicamente os desprazamentos necesarios e utilizar
o transporte público. Ademais das
recomendacións para tentar reducir o tráfico, o Goberno catalán limitou a 90
kilómetros por hora a velocidade máxima nas vías rápidas da área metropolitana.
A
Generalitat aínda non aprobou medidas para restrinxir o volume de coches por km2 que circulan por
Barcelona, pero o novo plan para a mellora da calidade do aire, aprobado en
setembro de 2014, contempla incentivos para fomentar o uso do transporte
público.
A
Generalitat tamén deu unha serie de recomendacións de
"autoprotección" para a cidadanía para evitar os efectos da
contaminación: estar o mínimo tempo ao aire libre, non realizar actividades
físicas en espazos ao aire libre, etc.
Pola
contra, a oposición a CiU (Convergència
i Unió), partido gobernante, así como grupos ecoloxistas,
cargaron contra o protocolo de contaminación. Dende ICV (Iniciativa per Catalunya Verds) pediron que o transporte público
sexa gratuito nos días de polución. Mentres que Ecoloxistas en Acción acusaron
ao protocolo de "operación de maquillaxe" para eludir a súa
responsabilidade polo incumprimento dos límites de contaminación fixados pola
Unión Europea.
Fotografúia da cidade de Barcelona
Tamén, o pasado xoves 5 de febreiro,
puidemos observar como outras cidades españolas, como Madrid, endureceron as
restricións de tráfico en días de alta contaminación.
O Concello de Madrid, gobernado polo
Partido Popular, anunciou que entrará en vigor o protocolo para episodios de
alta contaminación o 1 de marzo. Con este protocolo, as medidas a tomar serían:
o primeiro día con situación de preaviso non se tomará ningunha medida. O
segundo día con preaviso ou o primeiro con aviso, informarase á cidadanía, con
recomendacións para a saúde (non realizar actividades físicas ao aire libre), e
se limitará a velocidade na M-30 e nas autovías de aceso a 70 km/h como máximo.
O terceiro día con preaviso ou o segundo con aviso, prohibirase ademais
estacionar dentro da área regulada con parquímetros aos coches que non sexan
dos veciños do barrio. O terceiro día de aviso, restrinxirase a circulación
pola améndoa central á metade de vehículos (segundo se a matrícula é par ou
impar) e aos taxis baleiros. Ademais, en caso de alerta, esta prohibición
extenderase á M-30.
Como conclusión, estas medidas son
acertadas, xa que este tipo de campás de contaminación urbana, formadas no
inverno e con situación anticiclónica, provocan enfermedades respiratorias e
cardiacas nas persoas.
Fotogafía da cidade de Madrid
Fontes:http://ccaa.elpais.com/ccaa/catalunya.html http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/02/05/madrid/1423145944_112132.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario