O presidente do Goberno de Canarias, Paulino Rivera, confirmou a
posibilidade de que na costa das illas se realizase unha explotación petrolífera.
O proxecto de realizar actividades deste tipo na costa canaria xa se plantexara
antes, pero grazas a un decreto do Goberno Español, confírmase a posibilidade
de que as actividades de extracción de pétroleo podrían comezar proximamente.
O pobo canario mobilizouse ao ser coñecedor da nova, convocando varias
manifestacións en contra das prospeccións petrolíferas. Xuntaronse máis de
200.000 sinaturas en contra do negocio do petróleo, que si ben é certo que
daría un impulso económico á comunidade canaria, tamén o é que danaría toda a
biodiversidade mariña. A campaña contra o petróleo tamén é apoiada por varios
grupos ecoloxistas, por exemplo Ecoloxistas en Acción.
Tras tanto movemento en contra do negocio do pétroleo, o presidente de Canarias
anunciou unha convocatoria para o 23 de novembro, dunha consulta a cidadanía
sobre as prospeccións petrolíferas. "¿Cree usted que Canarias debe
cambiar su modelo medioambiental y turístico por las prospecciones de gas o
petróleo?" é a pregunta que se lle quere plantexar o pobo canario.
(máis info).
Para finalizar, gustariame reflexionar sobre que nós parece a cada un de
nós, si é mellor un puñado de cartos ou expoñerse a danar gravemente o
ecosistema mariño e arriscarse a posibilidade de que se vertan residuos. Non só
quero recordar os evidentes problemas que supón esta actividade para o medio
ambiente, senón tamén quero denunciar o apoio aos combustibles fósiles
(petróleo) no lugar de fomentar as enerxías renovables.
Alejandro Arufe
No hay comentarios:
Publicar un comentario