miércoles, 5 de diciembre de 2012

Nun incendio forestal

O vernes 30 de novembro, Raquel Pérez Fuentes contounos como viviu en primeira persoas un dos moitos incendios que asolaron o Barbanza en 2006.

martes, 4 de diciembre de 2012

Turismo

O turismo é unha das actividades de maior importancia para a economía española. O seu peso no PIB é fundamental e os postos de traballo que xera son milleiros. É obxeto de estudo no tema .
A nosa compañeira Rebeca presentounos a súa visión do turismo nunha presentación que fixo na clase o pasado luns 3 de decembro.


Unha mina en Pico Vello


Cerca do río Belelle, entre As Pontes de García Rodríguez a A Capela, existe o xacemento dun mineral pouco coñecido, a andalucita, importante para usos industriais. Unha empresa de capital británico e sudafricano pretende explotalo. Sobre o impacto ambiental desta iniciativa, nun territorio que está xunto ao Parque Natural da fraga do río Eume, trata o documental "Una mina en Pico Vello", do programa El escarabajo verde, emitido por La 2 de TVE a principios de 2011. Neste documental poderás refrescar conceptos estudados na materia de Xeografía: impacto ambiental, Rede Natura, biodiversidade, terciario, multinacional, conca hidrográfica, mina a ceo aberto, desagrarización, agricultura a tempo parcial, éxodo rural, enerxías alternativas...
Para visionar "Una mina en Pico Vello": http://www.rtve.es/television/20110216/escarabajo-verde-mina-pico-vello/408238.shtml

lunes, 3 de diciembre de 2012

Galicia é unha mina

  -->
Hai uns poucos días, vimos o programa Una mina enPicovello, no que se alertaba dos problemas medioambientais que a explotación dun mineral, a andalucita, podería provocar no Parque Natural das Fragas do Eume. Como lembrarás, a solicitude de explotación corre ao coidado dunha empresa transnacional, de capital sudafricano e británico.
Volve a saltar aos medios de comunicación un caso semellante, desta volta na provincia de Ourense. O mineral en cuestión é o tantalio, importante polas súas aplicacións na industria da informática e da electrónica. O caso presenta similitudes co da andalucita, pois tamén fala de impacto ambiental (trátase dos restos dunha antiga explotación mineira) e de empresas multinacionais (no caso do tantalio, de Canadá).
Pensa que, como podes ler na prensa, Galicia “es la primera potencia mundial en producción de pizarra y la cuarta en granito, pero elementos estratégicos como el litio, que da vida a las baterías de móviles, ordenadores o coches híbridos, y otros como el tantalio o las llamadas tierras raras, son un tesoro que abunda en las entrañas de Galicia y que se disponen a repartirse firmas, en su mayoría, de fuera de Europa”.
Esta cuestión é obxecto de estudo no tema 6 no noso libro de texto (pp. 209 e seguintes).
Recoméndoche que leas a información que aparece nos seguintes enlaces:




miércoles, 28 de noviembre de 2012

Dez anos despois do Prestige


No mes de novembro conmemorouse o décimo aniversario do naufraxio e marea negra do petroleiro Prestige: 63.000 toneladas de fuel que foron ade Galicia pero también al Cantábrico, Francia y Portugal.
El escarabajo verde, programa de TVE do que xa vimos Una mina en Picovello, fixo en 2002 fixo un intenso seguimento da catástrofe. Agora, dez anos despois, revisa aquel suceso que coincide co xuízo contra os encausados polo atentado medioambiental. Protagonistas que se viron inmersos “en una batalla desigual contra el chapapote y que se ganaron su lugar en la historia” e que daquela foron entrevistados polo programa, volven a ser entrevistados agora.
A emisión do programa, o 16 de novembro de 2012, coincide coas nosas clases sobre o Tema 4, que trata precisamente dos problemas medioambientais. Conceptos como contaminación, impacto ecolóxico, ecosistema, residuos, prevención, parque nacional, bandeira de conveniencia… aparecen neste “Prestige + 10”.
Se queres visionar unha vez máis o documental pódelo facer en:
http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-escarabajo-verde/escarabajo-verde-prestige-10/1581606/

sábado, 24 de noviembre de 2012

Seremos menos?

O 19 de novembro, as noticias de TVE, como as doutros medios de comunicación, escribían nas súas portadas un rechamante titular sobre a perda de poboación que España sufrirá nos vindeiros anos. Pincha no seguinte enlace para ver esta noticia

Outro titular, igualmente chamativo, afirmaba que “La población de España disminuirá este año por primera vez desde al menos 1971”.






En Galicia a situación aínda pode ser máis dramática porque se a situación de partida é xa peor ao ter unha poboación moi envellecida (http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/11/19/galicia/1353326066_388346.html):
 




Neste blog tes entradas anteriores sobre o mesmo tema.

domingo, 18 de noviembre de 2012

A vida no centro comercial

O xoves 15 de novembro de 2012 inaugurouse en Santiago de Compostela un novo centro comercial. Do éxito de público do primeiro día informou a prensa galega:


(Podes completar a lectura da noticia en:
Podes ver un breve vídeo  en:

Ao mesmo tempo que se producía este fenómeno, os xornais informaban recentemente da caída de noutras áreas comerciais (http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/10/01/galicia/1349117926_131436.html):


O fenómeno das áreas comerciais supera os límites do estrictamente económico pois condiciona a vida cotiá. Hai quen fala da “cultura do centro comercial”. Son estes amplas superficies nas que os cidadáns, como individuos e como membros de colectivos (familiares, de amizades, etc) non soamente van facer as súas compras senón que, ademais, teñen unha ampla oferta de ocio (cine, restaurantes, etc.) de maneira que se poden pasar o día no centro comercial. Por outra banda, ao centro comercial, dada a súa localización dentro das cidades, non é raro desprazarse en automóbil particular: todo iso condiciona a morfoloxía das cidades.
As áreas comerciais constitúen unha forma de consumo que non é compatible, en moitos casos, con formas de comercio tradicional: moitas pequenas tendas pechan ante a imposibilidade de competir con estas grandes superficies. Para completar estas reflexións, podes botar unha ollada ao tema 7 do libro de texto, concretamente ao apartado dedicado ao comercio interior (pp. 285-287)

El Roto, de quen xa temos visto algún comentario visual nestas páxinas, propuxo a seguinte reflexión sobre este tema:



A literatura tamén se fixo eco da cultura do centro comercial. Juan José Millás, novelista e autor de relatos breves marcados por un sutil humor (http://www.clubcultura.com/clubliteratura/clubescritores/millas/index.htm), escribiu o seguinte texto:
“Verano 1
Tuve, durante la siesta, una ensoñación en la que ocurría un desastre nuclear al que sólo sobrevivíamos El Corte Inglés y yo. Al principio, como es natural, nos desesperábamos, pero luego, viendo que la vida continuaba, decidíamos incorporarnos a su corriente con la naturalidad que éramos capaces de aportar a una circunstancia tan rara. Así pues, muchos días, al salir de la oficina, donde no habían quedado en pie ni los percheros, iba a los grandes almacenes y compraba cosas precisas e imprecisas, en confuso desorden, como antes de la catástrofe. El establecimiento me atendía con la eficacia habitual en él, con su sonrisa, si algo no me gustaba me devolvía el dinero, que yo me apresuraba a gastar en otra cosa. Por mi cumpleaños recibía siempre una tarjeta de felicitación. Un día, después de pagar, le pregunté a El Corte Inglés qué tipo de sociedades consideraba él más atractivas, las consumistas o las ahorradoras. Noté que no quería comprometerse, aunque finalmente respondió que las consumistas, pues hacían circular el dinero y con él el oxígeno necesario para el funcionamiento del cuerpo social. Pero yo soy muy perspicaz, no es fácil engañarme, y me di cuenta de que había mentido: El Corte Inglés prefería las personalidades ahorradoras, aunque dependiera de los temperamentos despilfarradores. La existencia es así: a veces uno tiene que vivir de lo que más detesta en sí mismo o en os otros. Regresé a casa preocupado, pensando que los grandes almacenes, tan atentos siempre a mis necesidades, no me querían por mí, sino por mi dinero, lo que me pareció más difícil de sobrellevar que el propio desastre nuclear. Entonces desperté con el hígado bañado en pacharán y escribí a El Corte Inglés manifestándole todas estas dudas. Pero no me ha contestado todavía”.