martes, 17 de noviembre de 2015

As augas e a acción antrópica


Máis fotografías da mesma reportaxe

Visualizamos recentemente o documental “Una mina en PicoVello”. Do que este programa de El escarabajo verde (TVE) é do impacto das actividades humanas sobre as augas. E sobre este mesmo tema fala a noticia “La sal y el calor conquistan las tierras delEbro”, que forma parte dunha serie de reportaxes do xornal El País sobre o impacto do cambio climático no mar Mediterráneo.
Tamén ao redor dese problema, aínda que xa con varios anos, é o programa de TVE chamado Un país en la mochila, do que foi presentador o aragonés José Antonio Labordeta. Un dos episodios estivo dedicado ao mesmo río: “Donde el Ebro se hace delta”.

sábado, 7 de noviembre de 2015

48 mulleres asasinadas en España, vítimas da violencia de xénero


No que vai de ano, en España foron asesinadas 48 mulleres, vítimas da violencia machista. O curso pasado dúas compañeiras da clase fixéronnos unha presentación ao redor desta lacra, sobre a que veu falar connosco Lola Ferreiro.
Onte sábado, 7 de novembro, tivo lugar en Madrid unha manifestación con organizacións procedentes de todos os territorios do Estado español para protestar por esta situación.
Resulta sorprendente como hai non moitos anos, o que hoxe consideramos inaceptable —calquera forma de violencia contra a muller— era tratado como chiste
Aproxímase o Día Internacional contra a violencia de xénero. É unha boa ocasión para saber máis sobre este terrible problema. Se navegas pola rede atoparás numerosos sitios sobre a violencia de xénero. Un deles é o da Xunta de Galicia. Outro, o do Goberno de España.



"Chove en Santiago"


Agora que rematamos o tema dos climas e do tempo, aquí vai un poema.
A raíz das viaxes de Federico García Lorca polas nosas terras, o poeta granadino escribiu en galego, seis poemas dedicados a Galicia. Deles procede “Chove en Santiago”:
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.

Chove en Santiago
na noite escura
herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.

Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma de cinza do teu mar.

Soma e cinza do teu mar
Santiago,lonxe do sol
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.

 Podes escoitar unha interpretación musical deste poema ao coidado de Luar na lubre e Ismael Serrano en https://www.youtube.com/watch?v=FwvbAyoFDWw

jueves, 22 de octubre de 2015

Falamos de mapas?


El Roto é un comentarista gráfico cuxo nome é Andrés Rábago. Utilizamos algunha das suas viñetas na materia de Historia do Mundo Contemporáneo, en 1º de Bacharelato. Podes atopalas na web De hoxe.Historia do Mundo Contemporáneo.
Este debuxo fala de mapas pero non fala de mapas. Que nos pode estar dicindo? Podémolo relacionar cos Obxectivos do Milenio?

lunes, 12 de octubre de 2015

Tremores de terra en Galicia

Estudamos o concepto de "tectónica de placas". E con este concepto están relacionados os tremores de terra que, nosúltimos días, rexistrou o Instituto Geográfico Nacional. Foron, iso si, dun nivel baixo na escala de Richter. A zona do sur de Ourense e o Leste e Norte de Lugo son as de maior risco sísmico da nosa comunidade, aínda que cunha perigosidade moi inferior á das provincias de Almería, Murcia, Alicante e Granada. A sismicidade destas provincias débese á proximidade da placa euroasiática á africana.

Se queres máis información, preme na ligazón do Instituto Geográfico Nacional, organismo oficial encargado do estudo da sismicidade en España.

sábado, 3 de octubre de 2015

DANA

O 29 de setembro, a Agencia Estatal de Metereológía emitía o seguinte parte:
"Estamos inmersos en un episodio de inestabilidad atmosférica característico del otoño en el área mediterránea. El enfriamiento y la formación de depresiones aisladas en los niveles medios y altos de la atmósfera, junto con los flujos dominantes de componente este en los niveles bajos, que aportan aire con mucha humedad, son los elementos determinantes para que se desencadene esa inestabilidad."

O fenómeno metereolóxico ao que se estaba a referir era unha Depresión Aillada nos Niveis Altos (DANA). No Tema 2 do teu libro de texto tes varias situacións metereolóxicas que se dan na Península Ibérica ao longo do ano, representadas tanto en superficie como en altura. Unha desas situacións é, precisamente, unha DANA, que se produce con certa frecuencia no Levante español, a finais do verán ou principios do outono. Aínda que non é exactamente o mesmo, é un fenómeno que, ás veces, se relaciona coa "gota fría". Normalmente, a DANA provoca chuvias torrenciais, nunha zona na que as precipitacións anuais son escasas.