No
que vai de ano, en España foron asesinadas 48 mulleres, vítimas da violencia
machista. O curso pasado dúas compañeiras da clase fixéronnos unha presentación
ao redor desta lacra, sobre a que veu falar connosco Lola Ferreiro.
Onte
sábado, 7 de novembro, tivo lugar en Madrid unha manifestación con
organizacións procedentes de todos os territorios do Estado español para
protestar por esta situación.
Resulta
sorprendente como hai non moitos anos, o que hoxe consideramos inaceptable
—calquera forma de violencia contra a muller— era tratado como chiste.
Aproxímase
o Día
Internacional contra a violencia de xénero. É unha boa ocasión para saber máis
sobre este terrible problema. Se navegas pola rede atoparás numerosos sitios sobre a violencia de xénero. Un deles é o da Xunta de Galicia. Outro, o do Goberno de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario