lunes, 21 de diciembre de 2015

Debate electoral no IES do Milladoiro

Dado o interese que un acontecemento como as eleccións xerais do 20 de decembro pode ter na formación do alumnado, así como o seu encaixe nos currículos do Bacharelato, 15 de decembro celebramos unha actividade relacionada con dito feito: unha mesa redonda coa presenza das forzas políticas que se presentarán aos comicios.No debate tomou parte alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Cada un dos representantes políticos dispuxo  de 10 minutos para expor o seu programa electoral. Rematada esta primeira ronda de intervencións, chegou a quenda de intervencións e preguntas do alumnado do centro.
As forzas políticas presentes foron:
-Nós. Candidatura galega: Adrián Dios Vicente, candidato ao Senado pola Coruña.
-En Marea: Xaime Subiela, candidato número 3 pola provincia da Coruña e concelleiro de Ames Novo.
-PSdeG-PSOE: Angel Mato Escalona, candidato número 1 ao Senado pola provincia de A Coruña.
-Partido Popular de Galicia: Paula Prado del Río, candidata número 1 ao Senado pola provincia de A Coruña.
Esta é a crónica do acto realizada polo alumnado da materia de Xeografía de 2º de Bach:

"Estos últimos días adicamos as clases ás próximas eleccións do 20 de decembro, día no que despois de 4 anos, os cidadáns maiores de 18 votaremos para elixir o presidente do Goberno. Dito cargo está representado por diferentes partidos políticos. Algúns deles, este pasado martes 15 de decembro, estiveron no noso instituto (IES do Milladoiro)  para facernos chegar aos máis xóvenes todas as súas propostas. Os representantes foron dos partidos políticos de En Marea, Nós Candidatura Galega, Partido Popular e Partido Socialista.
Podemos dicir que foi como un mítin político coa diferenza de que tamén responderon ás nosas inquedanzas. Isto é algo moi importante para todos nós, posto que ao ser principiantes como votantes non temos moi claro algúns aspectos políticos, pero sobre todo, os que teñen que ver co que nos afecta, a educación.
Tratouse dun debate moi aberto no que despois de que cada partido ofrecese as propostas da súa candidatura, todos os alumnos tivemos a oportunidade de dirixirnos a eles nunha quenda de preguntas. Ás veces, durante o acto, os candidatos interrumpíronse co que os seus argumentos no quedaban claros. Por outra banda, as nosas preguntas non sempre tiveron unha contestación directa e clara, como no caso da relacionado co futuro da LOMCE e os estudantes. Respecto á pregunta sobre a Cidade da Cultura, por exemplo, houbo distintas opinión relacionando os cartos investidos nesa obra e os que faltan noutros campos.

Despois deste debate electoral, o pasado mércores 16 de decembro, Ames Radio estivo na nosa clase de 2º de Bacharelato B para amosar á poboación de Ames a nosa visión de dito debate así como as críticas e opinións persoais.
En definitiva, pensamos que foi moi interesante adicar este tempo lectivo a tipo de actividades porque son temas que nos afectan directa ou indirectamente a nós tanto na casa coma nos estudos. Ademais, estar informados é fundamental e pode axudarnos á hora de decidir".



No hay comentarios:

Publicar un comentario