Dado
o interese que un acontecemento como as eleccións xerais do 20 de
decembro pode ter na formación do alumnado, así como o seu encaixe
nos currículos do Bacharelato, 15 de decembro celebramos unha actividade relacionada con dito feito: unha mesa redonda coa
presenza das forzas políticas que se presentarán aos comicios.No debate tomou parte alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Cada un dos
representantes políticos dispuxo de 10 minutos para expor o
seu programa electoral. Rematada esta
primeira ronda de intervencións, chegou a quenda de intervencións
e preguntas do alumnado do centro.
As forzas políticas presentes foron:
As forzas políticas presentes foron:
-Nós.
Candidatura galega: Adrián
Dios Vicente, candidato ao Senado
pola Coruña.
-En Marea: Xaime Subiela, candidato número 3 pola
provincia da Coruña e concelleiro de Ames Novo.
-PSdeG-PSOE: Angel
Mato Escalona, candidato número 1 ao Senado pola provincia de A
Coruña.
-Partido
Popular de Galicia: Paula Prado del Río, candidata número 1 ao
Senado pola provincia de A Coruña.
Esta é a crónica do acto realizada polo alumnado da materia de Xeografía de 2º de Bach:
"Estos últimos días adicamos as clases ás próximas
eleccións do 20 de decembro, día no que despois de 4 anos, os cidadáns maiores
de 18 votaremos para elixir o presidente do Goberno. Dito cargo está
representado por diferentes partidos políticos. Algúns deles, este pasado
martes 15 de decembro, estiveron no noso instituto (IES do Milladoiro) para facernos chegar aos máis xóvenes todas
as súas propostas. Os representantes foron dos partidos políticos de En
Marea, Nós Candidatura Galega, Partido Popular e Partido
Socialista.
Podemos dicir que foi como un mítin político coa
diferenza de que tamén responderon ás nosas inquedanzas. Isto é algo moi
importante para todos nós, posto que ao ser principiantes como votantes non
temos moi claro algúns aspectos políticos, pero sobre todo, os que teñen que
ver co que nos afecta, a educación.
Tratouse
dun debate moi aberto no que despois de que cada partido ofrecese as propostas
da súa candidatura, todos os alumnos tivemos a oportunidade de dirixirnos a
eles nunha quenda de preguntas. Ás veces, durante o acto, os candidatos
interrumpíronse co que os seus argumentos no quedaban claros. Por outra banda,
as nosas preguntas non sempre tiveron unha contestación directa e clara, como
no caso da relacionado co futuro da LOMCE e os estudantes. Respecto á pregunta
sobre a Cidade da Cultura, por exemplo, houbo distintas opinión relacionando os
cartos investidos nesa obra e os que faltan noutros campos.
Despois deste debate electoral, o pasado mércores
16 de decembro, Ames Radio estivo na nosa clase de 2º de Bacharelato B para
amosar á poboación de Ames a nosa visión de dito debate así como as críticas e
opinións persoais.
En definitiva, pensamos que foi moi interesante
adicar este tempo lectivo a tipo de actividades porque son temas que nos
afectan directa ou indirectamente a nós tanto na casa coma nos estudos. Ademais,
estar informados é fundamental e pode axudarnos á hora de decidir".
No hay comentarios:
Publicar un comentario