Estamos ante unha técnica que provoca non pouca oposición en
moitas comunidades, como en Cádiz. Se pinchas aquí poderás ver unha breve e sinxela explicación en imaxes das
razóns contrarias ao fracking.
lunes, 18 de marzo de 2013
Fracking
Wikipedia define a fracturación hidráulica (coñecida polo
seu nome en inglés: fracking) como unha técnica que permite “posibilitar o
aumentar la extracción de gas y petróleo del subsuelo. El procedimiento
consiste en la inyección a presión de algún material en el terreno, con el
objetivo de ampliar las fracturas existentes en el sustrato rocoso que encierra
el gas o el petróleo, y favoreciendo así su salida hacia el exterior.
Habitualmente el material inyectado es agua con arena y productos químicos,
aunque ocasionalmente se pueden emplear espumas o gases”. Aínda que se trata
dunha técnica coñecida dende o século XIX, o seu uso masivo non se produce ata
ben entrado o século XX.
sábado, 9 de marzo de 2013
Charla sobre o sistema agrario na nosa comarca, por Sheila Sandá
-->
“O venres 1 de
marzo tivemos unha interesante charla a cargo de dúas persoas pertencentes ao
Sindicato Labrego Galego (SLG): Xulio e Diego.
Durante esta
exposición primeiramente achegáronnos diferentes datos sobre o actual sistema
agrario de toda a comarca e logo, na segunda parte, dende o punto de vista de
Xulio, tratou de analizar tanto os
problemas actuais que acarrea o sector como unha visión a curto prazo do mesmo.
Durante a
primera parte da charla coñecimos que a nosa comarca, na que se inclúen as
localidades de Arzúa, Boimorto, Melide, Santiso, Sobrado, Toques e Touro,
existen máis de 3500 explotacións gandeiras e 11 montes veciñais en man común,
característica propia e única de Galicia.
Tamén coñecimos
que predomina a superficie forestal e, segundo os datos do SLG, o 51% das
explotacións gandeiras son de leite, seguido de 35% que pertence ao sector
vacún-carne; o resto pertence a outros tipos. Cabe destacar a apicultura dentro
dese 6% dado que a presenza de colmeas é frecuente na nosa contorna.
O tipo de
gando predominante é o bovino, que representa as 3/4 partes do total, unhas
51.378 cabezas, seguido do porcino (1/4, unhas13.858 cabezas).
Na segunda
parte da charla, Xulio ofreceunos o seu punto de vista sobre a evolución
histórica das explotacións agrarias, dunhas décadas atrás ata o de agora.
Anteriormente, caracterizábanse por seren explotacións familiares nas que
predominaba unha economía de subsistencia e autoconsumo; tampouco existía un
gran avance tecnolóxico nin o beneficio dos propietarios era excesivo.
A situación
cambiou despois da entrada na Unión Europea, que para Xulio tivo moitos efectos
negativos para o conxunto das explotacións galegas, o que repercute ata hoxe na
nosa economía. As explotacións sufriron cambios relacionados coa imposición de
límites na produción de leite e duns prezos nada favorecedores para os
gandeiros. Isto supuxo que algúns agricultores tiveran que adaptar as súas
explotacións ás normas europeas, o que conlevou gastos difícilmente custeables
polas explotacións; moitas explotacións tiveron que pechar ou realizar unha
reconversión, ben transformando a produción de leite en produción de carne,
como foi o caso da maioría de explotacións.
Na
actualidade, ao estar baixo as directrices da Unión Europea, os beneficios son
menores e o único que salva a pequena ou mediana explotación son as axudas da
PAC (Política Agraria Comunitaria), que esixen o cumprimento duns requisitos
específicos.
A realidade
actual para calquera persoa que ten unha explotación é a de tratar de cubrir
gastos xa que o marxe de ganancias é tan ínfimo que só dá para sobrevivir. Por
iso moitas persoas teñen un traballo a tempo parcial que se poida combinar co
traballo das explotacións. Outro dos perigos que afectan a situación actual do
mundo agrario é a inexistencia de relevo xeracional para os propietarios que se
xubilban, o que augura un futuro incerto para as pequenas explotacións
gandeiras.
Algunhas
explotacións intentan realizar unha produción ecolóxica para racionalizar
gastos e mellorar a calidade dos productos. Con isto compran menos produtos
derivados do petróleo e consiguen mellores resultados. Na comarca existen cinco
explotacións ecolóxicas de leite e unha de carne.
Por outra
banda, os custes de produción dos labregos tamén se ven afectados polo problema
da terra xa que non hai suficiente: destínase maioritariamente a usos de
carácter forestal.
A charla
rematou cunha rolda de preguntas".
Sheila Sandá
Rico
2º Bacharelato
B
Hai outras entradas neste blogue sobre o problema do leitee sobre o documental Vendo una vaca lechera. Tes máis fotos da charla na web no Instituto.
miércoles, 20 de febrero de 2013
O problema do leite, por Carla Rey Blanco
O pasado xoves 14 de febreiro, recibimos unha charla sobre o mundo rural e todo o relacionado con este ámbito. Pareceume realmente interesante porque este tema é algo que na actualidade ten moita
importancia e gran cantidade de xente xoven descoñece.
Teresa Santamarina, a persoa que veu impartir a charla, foi concisa e clara nas súas explicacións.
Segundo nos dixo, todo comezou coa entrada en 1986 de España na UE, institución internacional creada para que todos os estados europeos membros gobernen en común. Cando o país ingresou nela, a produción de leite era excedentaria, é dicir, producía por riba da demanda dos compradores. Pero este estado foi mudando ao longo dos anos. Pasou por períodos en que a produción interior non era suficiente e foi necesaria a importación de produtos doutros países.
Actualmente, atopámonos nunha situación de crise, crise que afecta tamén a este sector. Os produtos do campo non teñen o valor que deberían. Os gandeiros non cobran polo seu traballo a cantidade xusta. Cada vez extínguense máis as explotacións gandeiras, xa que moitos dos propietarios non poden facerse cargo de tantos gastos sen recibir unha cantidade proporcional ao traballo levado a cabo durante o ano.
Hoxe en día, as granxas son cada menos, pero máis grandes. Por tanto, é necesaria unha xestión, e para que esta xestión sexa a adecuada, os gandeiros deben ter unha formación que lles permita sacar adiante a súa empresa.
Estas explotacións reciben subvencións da PAC (Política Agraria Comunitaria), desenvolvida pola UE. Sufriu un cambio importante a partir do 2005: os gandeiros pasaron a cobrar un tanto por cento establecido, independentemente da cantidade de produción. Foi o chamado pago único que, por outra banda, está vinculado ao cumprimento dunha serie de normas medio ambientais, sanitarias, de xestión, etc.
Outro aspecto da UE son as chamadas Políticas de Desenvolvemento Rural. A intención destas é a consecución dunha maior diversificación das zonas rurais, o aumento da competitividade agrícola e a mellora do entorno rural e o seu medio ambiente.
Cada sete anos celébrase en Bruxelas unha asemblea para modificar, engadir ou anular reformas agrarias, a maiores das pequenas reunións que se convocan ao longo de todo o ano para asegurar que todo funciona debidamente.
Actualmente, coa crise que atravesa o país, os gandeiros saen ás rúas a facer públicas as súas protestas. Pretenden reivindicar os seus dereitos e que se lles valore o seu traballo como calquera outro. A día de hoxe, por exemplo os gandeiros non cobran todo o que lles corresponde polo leite, xa que a elaboración deste ten uns gastos que teñen que afrontar; o xusto sería que cobrasen o suficiente como para facerlles fronte e seguir adiante. Pero hai moitos factores (a crise un dos máis importantes) que colaboran á desaparición de tantas granxas e explotacións. De seguir así, coido chegaremos ao atraso preindustrial.
Carla Rey Blanco
2ºBACH
lunes, 18 de febrero de 2013
Perspectivas económicas
Dúas noticias recentes dannos conta da situación económica
que está a vivir o país e que podemos relacionar directamente coas leccións que
estamos traballando.
A primeira delas explica que a renda agraria diminuiu en2012 debido á inflación, de forma que se sitúa en niveis que nos levan ata
2002.
A segunda pon en relación a economía de Galicia cos
orzamentos plurianuais da UE, que foron recentemente aprobados. O xornalista
fala dunha nova reconversión: “Caerán las inversiones, se pescará menos y habrá
que pasar de promesas a hechos en el cuidado ambiental de las rías”. E
continúa: “La entrada de España en la entonces Comunidad Económica Europea en
1986 obligó a sacrificios en la construcción naval, la pesca y las
explotaciones agrarias a cambio de ingentes ayudas que renovaron el país, a
veces con proyectos de dudosa rentabilidad”.
Paga a pena facer unha lectura de vagar de ambos textos.
sábado, 16 de febrero de 2013
Reparto da terra e axudas económicas, por Daniel Regueiro
No último tema que estudamos en Xeografía trababamos sobre o sector agrario e a política que incide nel. Vimos vídeos sobre a PAC, da súa mala xestión, beneficiarios e prexudicados.
O enlace que vos deixo é un
programa de Salvados
do ano 2011, cuxos temas a considerar seguen vixentes na actualidade. Unha vez
máis, Jordi Évole sementa a discusión. “Cosechando subvenciones” é o título dun programa moi
completo que nos aporta moito para entender esta parte da Xeografía.
Os tema que fía todas as
entrevistas son as axudas do PER e o subsidio agrario xunto coas xa coñecidas da
PAC. As dúas primeiras van destinadas a xornaleiros andaluces e estremeños.
Estas constan dunha miseria económica (400 euros) en comparación cos receptores
das da PAC
(3 millóns de euros): estade atentos á comparación que se fai delas, e ás
visións que se mostran. Os partidarios das axudas aos xornaleiros defenden que
serven para salvar da pobreza, dentro do posible, a quen as recibe. Pola
contra, os detractores afirman que son unha áncora retrógrada que obstaculiza o
desenvolvemento económico.
Así pois estas son as ideas
que emerxen do fondo:
Estereotipos: Cataluña e
Andalucía
enfrontadas e recriminándose “que uns viven mellor ca os outros”. Apreciamos
aquí unha loita de Norte contra Sur, Industria contra Campo e por extensión
Capitalismo contra Comunismo.
Xuventude: nunha visión pesimista, podemos comprobar a falta de
expectativas de progreso e superación dun mozo de 18 anos que representa a unha
parte da xuventude andaluza.
Cuestión de idiosincrasias: marcados pola perspectiva
histórica, apreciamos dúas correntes ideolóxicas moi diferentes: a esquerda e a
dereita. Neste aspecto entendese porque en Andalucía sempre trunfa o socialismo
e no norte o liberalismo.
Loita de clases: na que os
“pobres” consideran que os “ricos” lles botan as culpas, mentres eles quedan de
inocentes”. Nesta cuestión enmarcamos unha idea que soa moi utópica, pero que
fará reflexionar: o reparto da terra.
Política: unha vez máis a
xestión política
faise neglixente
por culpa dos “catro anos”. Isto provoca que as medidas tomadas se realicen
baixo a visión a curto prazo, sen sandar os problemas estruturais que España
leva carrexando dende hai anos.
Finalmente non deixedes de
botar ollo ás paisaxes, ás cancións que soan de fondo e sobre todo á conclusión final de Cayetano
de Alba, que
non deixará a ninguén indiferente.
E para rematar, incítovos a pensar. Estades de acordo coas
axudas aos xornaleiros? Credes que os terratenentes deben recibir axudas da
PAC? Que sistema sería máis eficiente: deixar a terra en mans privadas ou como
posesión pública? Credes que este programa representa as xeneralidades aparentes
ou reflicte unha realidade certa? Esta situación é sostible no tempo?
Engado algunhas citas das
entrevistas:
“No somos de la extrema
izquierda, somos de la extrema necesidad”.
“Somos la despensa de España”.
“Tenemos un país muy
envidioso”.
“No
nos hemos podido arruinar porque nunca fuimos ricos” (Cayetano de Alba)
sábado, 2 de febrero de 2013
E agora sobre acuicultura en Galicia
Las espinas del salmón,
unha vez más de El escarabajo verde, trata sobre a acuicultura e, máis
concretamente, sobre o conflito provocado na ría de Muros-Noia polo
proxecto dunha multinacional, North West Food, de instalar unha granxa
de salmón. Como en outros documentais vistos, atopamos conceptos como o
de Red Natura 2000, cultivos intensivos, pesca extractiva, modelo de
explotación industrial, biodiversidade, contaminación, ecosistema, cadea antrófica...
jueves, 24 de enero de 2013
Máis reportaxes sobre o mundo rural
Se hai uns días comentabamos o documental Vendo una vaca lechera, agora presentamos outros dous.
O primeiro deles, de 2006, chámase La cosecha del subsidio (1, 2, 3), emitido dentro do programa Línea 900, de TVE. La cosecha del subsidio fala dos problemas que presenta a política de axudas á agricultura europea pois en determinados momentos son captadas polas grandes explotacións, que non son sempre as máis produtivas. Latifundistas absentistas, pequenos produtores, organizacións sindicais, as grandes corporacións agroalimentarias pasean por este documental, que tamén nos ofrece a visión dunha poboación rural que en demasiadas ocasións se ve forzada a emigrar, co conseguinte proceso de desagrarización da nosa sociedade.
Si te dicen que comí, de El escarabajo verde (TVE) foi emitido en 2011. É un documental sobre a seguridade alimentaria na Unión Europea. Ideas como "toxicidade", "compostos orgánicos persistentes", "trazabilidade", "cadena alimenticia", "modelo industrial alimentario", AESAN son utilidas en Si te dicen que comí.
En relación con ese concepto de seguidade alimentaria, é moi recomendable o visionado de Super Size Me (2004), alimentándose exclusivamente de produtos de McDonal´s, cunha inxesta diaria de 5.000 calorías. As consecuencias sobre o seu organismo foron alarmantes.
En todos os documentais que sobre o tema agrario levamos comentados, hai elementos comúns e diferencias. Intenta localizar cales son.
O primeiro deles, de 2006, chámase La cosecha del subsidio (1, 2, 3), emitido dentro do programa Línea 900, de TVE. La cosecha del subsidio fala dos problemas que presenta a política de axudas á agricultura europea pois en determinados momentos son captadas polas grandes explotacións, que non son sempre as máis produtivas. Latifundistas absentistas, pequenos produtores, organizacións sindicais, as grandes corporacións agroalimentarias pasean por este documental, que tamén nos ofrece a visión dunha poboación rural que en demasiadas ocasións se ve forzada a emigrar, co conseguinte proceso de desagrarización da nosa sociedade.
Si te dicen que comí, de El escarabajo verde (TVE) foi emitido en 2011. É un documental sobre a seguridade alimentaria na Unión Europea. Ideas como "toxicidade", "compostos orgánicos persistentes", "trazabilidade", "cadena alimenticia", "modelo industrial alimentario", AESAN son utilidas en Si te dicen que comí.
En relación con ese concepto de seguidade alimentaria, é moi recomendable o visionado de Super Size Me (2004), alimentándose exclusivamente de produtos de McDonal´s, cunha inxesta diaria de 5.000 calorías. As consecuencias sobre o seu organismo foron alarmantes. En todos os documentais que sobre o tema agrario levamos comentados, hai elementos comúns e diferencias. Intenta localizar cales son.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

