O
Tribunal constitucional suspendeu o luns 29 de setembro de 2014 a
consulta soberanista en Cataluña. O goberno español presentou
diante do Tribunal Constitucional recursos contra a lei de consultas
aprobada polo Parlamento catalán e a convocatoria da consulta feita
polo presidente da Generalitat para o próximo 9 de novembro.
A
suspensión prodúcese de maneira automática, como está establecido
cando é o Goberno o que presenta os recursos de
inconstitucionalidade e o solicita de forma expresa. A interposición
foi anunciada polo propio presidente do Goberno, Mariano Rajoy. Nunha
rolda de prensa afirmou: “Estamos a tempo de poder enderezar o
rumbo”. Tamén afirmou que a súa postura ante esta iniciativa
sempre foi “aberta, clara e firme” e estivo “disposto a
negociar”. Afirmou tamén que “hoxe cumprimos coa nosa obriga de
interpor un recurso contra unha decisión que atenta gravemente
contra os dereitos dos españois”. Por outra banda, sinalou que a
consulta é “contraria á nosa Constitución”, porque “a
soberanía nacional reside no pobo español no seu conxunto, e unha
parte non pode tomar decisións que afectan a todos, como indica o
título preliminar da Constitución.
Pola
contra, o presidente da Generalitat calificou de “hostil” a
actitude do goberno español ao recurrir a convocatoria da consulta
soberanista e a lei na que se ampara. Tamén criticou que o
presidente do Tribunal Constitucional reúna o organismo a unha
“velocidade supersónica” para frealas.
Na
opinión de Artur Mas, nun Estado de “convicción democrática
plena” nestes momentos xa se estaría a debatir entre se hai que
votar si ou non na consulta, e afirmou que non se trata dun referendo
encuberto, como afirma o Goberno de Madrid, ao que acusou de “non
preguntar nin deixar preguntar”.
A Lei Orgánica do Tribunal Constitucional impón que éste debe decidir se prolonga a suspensión temporal antes de que pase un prazo de cinco meses ou que se levante esta suspensión, tal como solicitou o conseller portavoz do goberno catalán. Para Francesc Homs “o proceso continúa”, aínda que a Generalitat suspendeu de forma cautelar e temporal a campaña para a consulta.
Fonte:
antena3.com/noticias/
Luzia
Pardo Abuín
Se
queres ver o vídeo da noticia pincha aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario