martes, 7 de octubre de 2014

Pequenos avances na loita contra o cambio climático




En 1987 Ronald Reagan, presidente dos Estados Unidos (1981-1989), pronunciou nun discurso das Nacións Unidas a seguinte frase: "Talvez necesitamos unha ameaza exterior, universal, para poder recoñecer os nosos lazos comúns. Ás veces penso no rápido que se desvanecerían as nosas diferenzas no mundo si estivésemos a enfrontarnos a unha ameaza alieníxena".
Naqueles anos, o cambio climático parecía un cambio natural no planeta, pero despois veuse que ocurrían por culpa dos humanos.
Reagan non se preocupaba polo quecemento global, dáballe máis importancia ao “quecemento nuclear” propio da época da Guerra Fría. Con todo, hoxe en día, a ameaza do cambio climático é un feito do que poucos responsables se preocupan en realidade. Parece que os científicos teñen que demostrar que o cambio climático é culpa nosa para que nós deamos conta de que a culpa e só nosa. Temos que cambiar paralo impoñendo o Protocolo de Kyoto que consistiría en reducir as emisións dos gases causan o quencemento global .
Os días 27 e 28 de octubro producíronse manifestacións en 2.800 cidades do mundo para que a ONU nos conciencie do perigo do quecemento global e que os gobernos se comprometan a axudar a combatilo.
A principios de outubro, 120 xefes de estado reuníronse no chamado Cume do Clima, na sede de Nova York de Nacións Unidas para falar deste tema. A reunión acabou sen ningún acordo dado que os principais países emisores de gases invernadoiro, China e India, non se presentaron. Os países alí reunidos comprometéronse a mobilizar 200.000 millóns de dólares para loitar contra o cambio climático. Acordaron unha nova xuntanza no 2015 para elaborar un documento coas bases dun acordo global para lograr deter o cambio climático.
Noelia Andrade García


No hay comentarios:

Publicar un comentario