O
venres 6 de febreiro, La Sexta emitiu un interesante programa, La fábrica cerró, sobre o panorama
industrial español: fábricas que pechan e deixan ás traballadoras e aos
traballadores en difíciles condicións de vida, empresas que se deslocalizan a
outros países na busca de costes salariais máis baixos, empresas que quedan no
país a costa do empeoramento das condicións de traballo, etc. A paisaxe
debuxada non é, case nunca, demasiado optimista. Encaixa perfectamente con tema
que acabamos de rematar, o movemento obreiro. Espero que sexa do teu interese.
No hay comentarios:
Publicar un comentario