domingo, 9 de diciembre de 2012

El bosque

 
Con motivo do Ano Internacional del Bosque, o programa El escarabajo verde, de TVE,emitiu en 2011 unha reportaxe dedicada aos bosques:
Partindo do suposto dito clásico de que hai dous mil anos unha ardilla podía atravesar a Península Ibérica saltando de árbore en árbore, “El bosque” repasa a situación dos bosques españois a partir de imaxes de arquivo de TVE. A peculariedade desta emisión é que non ten un locutor, senón que é a opinión do naturalista Félix Rodríguez de la Fuente, pioneiro do conservacionismo en España falecido en 1980, quen sirve de fío condutor do argumento do programa.
“El bosque” presenta en imaxes dos últimos cincoenta anos os perigos aos que están sometidas as masas forestais, perigos que sempre proceden do ser humano: as repoboacións que non respectan o patrimonio natural, os efectos do turismo descontrolado, o urbanismo, a construcción de infraestruturas e de encoros, os residuos, a chuvia áceda, os incendios… Todos eles son problemas que estudamos no tema 4 do libro de texto.
Fronte a esa relación de ameazas, “El bosque” propón, na voz de Félix Rodríguez de la Fuente, posibles solucións que pasan pola educación ambiental, o uso sostible dos bosques, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario