sábado, 15 de diciembre de 2012

O progreso


“Nadie que no haya visto en directo el dantesco espectáculo de un pueblo emergiendo de las aguas al cabo de los años, podrá saber jamás cuánta desolación esconden en su fondo los pantanos. Nadie que
ahí no tenga sus recuerdos, sus raíces ni su casa, será capaz de imaginar cuánto dolor quedó enterrado para siempre en esos cementerios que se pudren en silencio bajo el agua”. Son palabras de Cementerios bajo el agua, texto do escritor leonés Julio Llamazares, nado no pobo de Vegamián, afogado polo encoro de Porma.
Sabemos xa das posibilidades dos recursos que o medio natural ofrece ao ser humano. Un deses recursos é a auga, para cuxo aproveitamento se constrúen encoros (p. 123 do libro do texto). As súas consecuencias non son sempre positivas e, ás veces, teñen un forte impacto na vida das persoas. Disto fálanos a noticia “Memora dun pobo afogado”, Aceredo (Ourense), desaparecido baixo as augas do encoro de Lindoso. Exemplos desta situación hai moitos.
A construción do encoro de Castrelo de Miño nos anos sesenta do século XX provocou un movemento de oposición, en plena ditadura franquista:



Non moi lonxe de Arzúa está Portomarín, en pleno Camiño de Santiago. En épocas de seca, o embalse de Portomarín permite ver os restos do antigo pobo (A fotografía procede do blog http://joseloy1.com.es/2077/11/portomarin-3.html):
Unha breve reportaxe de TVE dannos conta do que pasou nesta vila de Lugo: Pueblos bajo las aguas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario