martes, 18 de diciembre de 2012

Portodemouros

Escribiamos recentemente neste blog unha entrada sobre os encoros. Pois ben, Alicia García envíanos un bonito texto cunhas preciosas fotografías sobre o embalse de Portodemoutros. Grazas, Alicia.

Moi preto de Arzúa, ao lado dunha aldea chamada Dombodán está situado o encoro de Portodemouros, un dos encoros máis coñecidos de toda Galicia. A obra foi feita no ano 1967 e o propietario é a empresa Unión FENOSA. Este encoro ten como finalidade obter hidroelectricidade.
Debido a esta construción, houbo un pobo que se viu afectado; del hoxe en día aínda quedan restos, como pasou tamén en Portomarín. Nas fotografías que vos mostro a continuación pódese observar as ruínas do pobo que tivo que ser abandoado a causa desta obra; quedou sumerxido baixo esta lagoa e só pode apreciarse cando o nivel da auga é mínimo.

 
©magagafoto

©magagafoto

©magagafoto

 ©magagafoto
Estas imaxes tamén reflicten un dos problemas naturais : as secas

©magagafoto

A escasos kilómetros do encoro de Portodemouros, na Ponte de San Xusto, atopámonos con outro problema: a construción de infraestructuras. Nesta imaxe vese claramente que as construcións de infraestructuras á beira do río pode causar inundacións, o que conleva o abandono doutra aldea que se ve anegada pola auga cando o caudal do río Ulla aumenta.

©magagafoto



No hay comentarios:

Publicar un comentario